![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||
|
Esquerda Republicana Galega
Por una republica federal y laica que garantice una autentica democracia Contacta con IR-ERG en: 91.549.19.86 As nosas propostas para Galicia: • Elección directa do Presidente da Xunta. • Facer do Senado unha verdadeira Cámara de Representación Territorial. Elección directa de todo los senadores galegos en listas abertas e nunha única circunscripción. • Reforma do Estatuto de Autonomía que permita conseguir para Galicia o máximo de competencias que prevé a Constitución e rematar deste xeito co proceso autonómico. • Atención preferente ó mundo rural. Este sector tan esquecido debe tornar a ter protagonismo implementándose as medidas necesarias para actualizar e modernizar todo o entorno agrario. Axilizar e rematar no seu caso a concentración parcelaria. Protexer o futuro da agricultura e a gandeiría promocionando a agricultura ecolóxica, elevando o prestixio dos productos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade (viños, queixos, carne). • Protección especial do medio ambiente. Ante o gran desafío dos problemas ambientáis: seguimento riguroso dun programa de Calidade e Avaliación Ambiental coa adecuada xestión dos residuos sólidos urbanos, os residuos industriais e solos contaminados e os residuos agrarios. Ademáis proponse o fomento das enerxías renovables e limpas, a repoboación forestal e a loita contra o impacto medioambiental dos ruidos e das antenas de telefonía… • Pesca. A flota pesqueira galega é a máis importante de Europa e é un dos motores clave da economía galega. Por iso son é fundamental tomar medidas para a modernización da flota de baixura e de arrastre, que tanto interése social teñen así como procurar novos caladoiros na pesca de altura. Importante tamén fomentar a investigación neste campo no que deberíamos ser punteiros e centro de referencia en Europa. Polas posibilidades de futuro que ten, debe potenciarse o sector da acuicultura., así como o conserveiro. • Industria. Incidir preferentemente nos sectores tradicionáis galegos: textil e confección, madeira, sector naval, artesanía. No seu conxunto, mellorar a calidade industrial. • Enerxía. Potenciar o desenvolvemento das enerxías renovables alentando o uso racional da enerxía e desenvolver programas ambiciosos de aproveitamento da enerxía eólica, hidráulica, minihidráulica, enerxía solar. Investimento en infraestructuras que aseguren o perfecto abastecemento da enerxía eléctrica a todolos recunchos de Galicia malia que a súa dispersión pobloacional.
|
PÁGINA EN CONSTRUCCIÓN DISCULPEN LAS MOLESTIAS
Programa electoral de IR-ERG En pdf
|
ESQUERDA
REPUBLICANA GALEGA
Nosas sináis de identidade Esquerda Republicana Galega é a denominación en Galicia de Izquierda Republicana, partido fundado en 1934 por Manuel Azaña e Santiago Casares Quiroga da unió de Acción Republicana (AR) e Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Esquerda Republicana Galega ten como sináis de identidade, amais de aspirar á proclamación pacífica da Terceira República, as do federalismo, o radicalismo e o laicismo. - O
federalismo, como expresión libre dos pobos de España sen
renuncia a unha relación solidaria libremente escollida.
Esquerda Republicana Galega es la denominación en Galicia de Izquierda Republicana, partido fundado en 1934 por Manuel Azaña y Santiago Casares Quiroga de la unión de Acción Republicana (AR) y Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA). Esquerda Republicana Galega tiene como señas de identidad, además de aspirar a la proclamación pacífica de la Tercera República, las del federalismo, el radicalismo y el laicismo. - El
federalismo, como expresión libre de los pueblos de España
sin renuncia a una relación solidaria libremente escogida.
|